Pois ben, xa que me deixei caer polo blog e conectando coa marcha nordica de Ana e cos grandes percorredores de bosques que son os lobos de Begoña, non quero deixar de aportar un novo contido; non é mais que unha experiencia artística persoal de conexion coa natureza en base a un percorrido no bosque de Hermo, as duas mil fotos tomadas con unha cámara instalada nunha pértiga e programada para disparar cada dous segundos, un pequeno poema, unha pequena melodía no piano e a necesaria postproducción para resolver este video emocional que eiquí vos convido a mirar.
O pé na terra,
o alento no aire,
a sombra na luz,
latitude, lonxitude, altitude,
distancia e tempo.
Medindo o faial de Hermo
coas miñas pegadas,
un sinxelo traxecto
vínculo coa terra nai
e relacion intíma coa natura.
Dez mil pasos para contar
en dous mil fotogramas
o percorrido na paisaxe.
Xulio Correa Corredoira
Hayedo de Hermo Xulio Correa from Xulio Correa on Vimeo.
Xulio Correa . Artista, fotógrafo, profesor. Percorridos, serie fotografica dende 1986, é a consecuencia de traballar fotográficamente perante o acto de percorrer unha paisaxe creando imaxes emocionais.
Percorrer a paisaxe para ollar a vida.
Audiovisual para videoinstalacion creado a partir de 2000 imágenes tomadas consecutivamente mientras el autor recorre el hayedo de Hermo.
Se te ve en forma... Un abrazo!
ResponderEliminarestás hecho un chaval.. un robin hood "das fraguas"! un video precioso, por cierto! Enhorabuena :)
ResponderEliminarGracias Xulio por este recorrido por la naturaleza que he disfrutado, y por poder oir por fin también tu música, que ya tenía ganas.
ResponderEliminarPrecioso traballo Xulio. Transmite a sentida e melancólica alegría do íntimo somerxerse no bosque.
ResponderEliminarUnha aperta para todos.
Tenemos que poner en valor la evidente relacion entre naturaleza y salud, tanto en lo físiológico como en lo emocional.
ResponderEliminarPrecioso Hayedo!! habrá que visitar este maravilloso parque asturiano para segregar endorfinas y disfrutar del paisaje.Enhorabuena por el montaje,la música y la poesia, me ha encantado la combinación.Un abrazo
ResponderEliminar