A miña visita a Galopín
Hai pouco tempo fun convidado a visitar as
instalacións de Galopín en Cerceda. Intuía que se podía tratar dunha visita
interesante xa que coincidira nalgunha ocasión con Manu e tamén tiña traballado
co equipo de Galopín no desenvolvemento dun proxecto.
Pero estar alí, coñecer todo o equipo, ver
como e onde traballan e sentirme partícipe do seu ambiente, sorprendeume moi
gratamente. Logo, coñecer o proxecto de As Salgueiras, da man do propio Manu,
fascinoume.
A invitación de Galopín xurdiu a raíz do
proxecto do Xardín Celta que ideei con motivo da Exposición Universal de Arte
da Paisaxe que terá lugar en China no 2013.
Como resposta a esta acollida, pensei
que este blog sería un bo lugar para mostrar o proxecto e convidarvos a
todas/os a visitar a exposición que se
levará a cabo a partir de Maio do próximo ano en Jinzhou, ó nordeste de Pekín.
O concurso buscaba unir as diferentes culturas do mundo a través da arte da paisaxe. Cada concursante elixido, debía propor un xardín inspirado en elementos característicos da paisaxe da súa rexión. Neste contexto, o Xardín Celta resultou seleccionado e será realizado xunto con outros 19 xardíns de arquitectos paisaxistas de todo o mundo, formando parte dun gran parque de 176 ha.
vista
xeral xardín celta
O xardín, que
está inspirado nas formas dos castros, parte da superposición de diferentes
elementos circulares de distintos tamaños e funcións. No centro da parcela
proponse unha lámina de auga circular na que aparece un pavillón cilíndrico de
vidro para albergar un centro de interpretación da cultura celta. En torno ao
lago, créanse distintas situacións mediante actuacións topográficas. Por un
lado, volumes de pradería que estruturan o espazo e crean distintos puntos de
visión. Mentres, superficies circulares esculpidas no chan, serven para ir
descubrindo zonas de estar mais íntimas ou secretas.Con outra lóxica tamén de círculos aínda de menor tamaño, son introducidas no xardín distintas variedades de plantas rastreiras que aportan cores e texturas. Pequenas superficies de pradería para o desfrute dos visitantes e símbolos da cultura celta impresos en pezas circulares de formigón.
Todas as plantacións tanto herbáceas como arbóreas, son dispostas por todo o xardín sobre unha matriz de círculos de distintas dimensións que funcionan como pequenas gabias. A disposición das plantacións conforma os camiños creando os sentidos de circulación e favorecendo percorrer todo o espazo.
distintas vistas xardín celta
O xardín está
pensado fundamentalmente en dúas lóxicas. Por un lado, a grande riqueza de
situacións espaciais xunto co efecto de espello do ceo da lámina de auga e as
masas de plantacións ricas en cores e texturas. Por outro lado, a simboloxía
celta disposta por todo o xardín, tanto no chan como na fachada do pavillón,
que pretende espertar o interese dos visitantes e facer que estes descubran no
centro de interpretación, a cultura celta, a súa relación coa natureza e a súa
incidencia na nosa paisaxe.Durante o proceso creativo deste xardín, investigando a cultura celta, quedei fascinado coa relación que os celtas tiñan coa natureza. Dalgunha forma, como cando coñecín As Salgueiras e a súa defensa da Biofilia.
Martín Toimil
Es curioso darse cuenta de como las culturas tienen diferencias y al mismo tiempo, elementos en común. Cerca de Pekín realizar un parque inspirado en la relación que tenían los celtas con la naturaleza, en parte mito y en parte realidad.
ResponderEliminarMartin, en tus proyectos lo natural y lo construído se funden y complementan con respeto. Hay implícito un lenguaje actual, de gran engranaje paisajístico y el efecto final recuerda a un entorno consolidado ya en el paisaje.
Enhorabuena por este premio
Resulta unha honrra coñecer a Martin. Compartimos aficions relacionadas ca etoloxia, antroploxia, e o amor polos animáis. Gracias a elas, nos coñecimos e poidemos traballar en algún proxecto. A pesares de ser un home xoven, atesora unha experiencia impresionante no tratamento da paisaxe e o deseño de xardins. A sua vocación e o espazo publico e co exemplo premiado que nos conta, levando a nosa cultura a outra banda do mundo, expresa perfectamente a capacidade que ten o espazo publico, para promover o orgullo colectivo. Mais ou menos como nos sentimos por estar entre o circulo de colaboradores deste gran arquitecto paisaxista, o cal non dubidamos que ten por diante moitos éxitos. noraboa Martin.
ResponderEliminarManu Iglesias
Esa capacidade de integrar o natural co artificial, as formas orgánicas cas xeométricas, os elementos vivos cos inertes, e que o resultado final resulte non forzado, fluido e donde ningún elemento desentona sobre os demáis, entendo que non está ó alcance de calquera. Exemplos do contrario podémolos ver a diario en cada esquina das nosas cidades e pobos. Seguramente nesa capacidade de Martín teña moito que ver a sua doble formación Agrónomo / Arquitecto.
ResponderEliminarHaberá que esperar a ver o proxecto plasmado sobre o terreo, porque sobre o papel as sensacións son moi boas.
Noraboa polos éxitos acadados con este proxecto.
Aprovecho la ocasión para recalcar la importancia de la arquitectura española, y más concretamente de los autores que, como Martín, son primeros espada de nuestra proyección internacional.
ResponderEliminarAdemás del positivo impacto social y la originalidad paisajística de proyectos como el de Jinzhou, subyace una labor igual de importante, que es la de construir progresivamente una imagen global relacionada con la creatividad e innovación. Doblemente meritorio en tiempos donde España es titular de las portadas internacionales por motivos muy diferentes.
Estoy convencido de que el espacio público, y las actividades económicas relacionadas con el mismo, son un magnífico reflejo de las grandes potencialidades y capacidades de las que dispone este país actualmente.
Enhorabuena por el proyecto Martín
Jorge
Noraboa
ResponderEliminarOgalla, tiveramos mil como este home que sabe levar o noso talento tan lonxe
Enhorabuena Martín!!! brillante proyecto y brillante promoción de la cultura celta por el mundo.OJalá!! pudiésemos acercarnos a Pekin en el 2013 y recorrer tu jardín por dentro y ese fascinante y majestuoso parque de 176ha.
ResponderEliminarSaludos.
Moitos parabéns Martín! Este proxecto é un auténtico orgullo para tódolos galegos!
ResponderEliminarDá gusto ver como se exporta a nosa rica e fermosa cultura desta maneira.
Sabrina.