Levo uns días reflexionando en relación a un artigo que lin
no xornal, pero non sei cal sería a posición máis razoable. A reportaxe
titulábase “Espacios libres de niños” e fai unha análise acerca dos hoteis e
restaurantes onde se prohíbe a entrada de menores. Parece que este tipo de
negocios están en pleno apoxeo, crecendo exponencialmente como opción para
moitos clientes (sen olvidar que tamén se da o caso contrario de
establecementos onde a oferta lúdica está especializada nos máis cativos).
Como argumento para estes “locais libres de nenos” exponse,
sobre todo a tranquilidade que se atopa neles. Despois de ler varias veces a
reportaxe e estar botando un vistazo por internet creo que, ainda podendo soar
demasiado frívola, estou a favor de que exista esta segmentación. Moitas veces
acudimos a un restaurante ou a un hotel buscando tranquilidade, conversa
agradable ou un remanso de paz, e parece que non o encontramos. E con este tipo
de establecementos temos a opción de
elexir. Incluso hai cadeas hoteleiras que teñen varias ofertas: con nenos, sin
nenos ou especialmente indicados para
nenos. Creo que na especialización se acada unha maior satisfacción do
cliente.
Sen embargo a pesar de todo, non podo evitar sentir certa
tristura. Porque sei que dese “mal comportamento” na mesa dun restaurante ou no
pasillo dun hotel non é culpable o neno, que ó fin se trata dun ser en
construcción que se distingue dun adulto nas súas características, intereses e
necesidades. Toda a culpa é dos seus educadores. Tamén entendo (porque o vivín)
que se estás traballando de camareiro non é o teu labor preocuparte dos nenos
da mesa do fondo que están destrozando unha planta e correteando polo
restaurante.
Dunha ou doutra maneira, sempre é o máis débil o que leva as
de perder, ainda sendo o máis inocente.