Levo uns días reflexionando en relación a un artigo que lin
no xornal, pero non sei cal sería a posición máis razoable. A reportaxe
titulábase “Espacios libres de niños” e fai unha análise acerca dos hoteis e
restaurantes onde se prohíbe a entrada de menores. Parece que este tipo de
negocios están en pleno apoxeo, crecendo exponencialmente como opción para
moitos clientes (sen olvidar que tamén se da o caso contrario de
establecementos onde a oferta lúdica está especializada nos máis cativos).
Como argumento para estes “locais libres de nenos” exponse,
sobre todo a tranquilidade que se atopa neles. Despois de ler varias veces a
reportaxe e estar botando un vistazo por internet creo que, ainda podendo soar
demasiado frívola, estou a favor de que exista esta segmentación. Moitas veces
acudimos a un restaurante ou a un hotel buscando tranquilidade, conversa
agradable ou un remanso de paz, e parece que non o encontramos. E con este tipo
de establecementos temos a opción de
elexir. Incluso hai cadeas hoteleiras que teñen varias ofertas: con nenos, sin
nenos ou especialmente indicados para
nenos. Creo que na especialización se acada unha maior satisfacción do
cliente.
Sen embargo a pesar de todo, non podo evitar sentir certa
tristura. Porque sei que dese “mal comportamento” na mesa dun restaurante ou no
pasillo dun hotel non é culpable o neno, que ó fin se trata dun ser en
construcción que se distingue dun adulto nas súas características, intereses e
necesidades. Toda a culpa é dos seus educadores. Tamén entendo (porque o vivín)
que se estás traballando de camareiro non é o teu labor preocuparte dos nenos
da mesa do fondo que están destrozando unha planta e correteando polo
restaurante.
Dunha ou doutra maneira, sempre é o máis débil o que leva as
de perder, ainda sendo o máis inocente.
A mi me parece horrible esto de que no dejen entrar a los niños a determinados locales..., lo de las mascotas ya es más discutible, pero los niños para poder desarrollarse como adultos deben de aprender a convivir con el resto de la sociedad y es de los adultos de los que aprenden; por eso es a los padres a los que yo prohibiría la entrada, por falta de civismo y por no ser capaces de educar y trasmitir valores a sus hijos. Antes, cuando se podía fumar en todas partes, había muchas veces que estando en un hotel ó cafetería te echaban el humo a la cara, y no eran exactamente niños los que lo hacían (sino adultos), lo mismo con la televisión, que en la mayoría de los locales está a miles de decibelios, con retransmisiones de futbol, etc...(y no exactamente con dibujos animados), también muchas veces en algunos locales la música y las conversaciones de otras personas (la mayoría adultos) te impiden oir a tus acompañantes, por eso yo sigo pensando que no es un problema de los niños, sino de los adultos.......
ResponderEliminarExcelente reflexión Veronica.
ResponderEliminarMoitaa veces, son os país os que incapacitan os filos
A educación e o respeto vese como unha limitación da linerdade, e o resultado e que perden maís liberdade.
Os país queden razonar as decisions, como si un neno pequeno poidera razonar con un adulto. Renuncian a exercer liderazgo para non " castrar " a personalidade dos nenos. O que fan e que non lles amosan modelos, e o final, perden a usa personalidade.: unha verdadeira paradoxa que acaba xusto no contrario do que pretende acadar.
Saudos, e as miñas felicitacions, por expoñer situacions como estas que nos fan reflexionar,
Completamente dacordo, pero con este comportamento dos pais, sexa por "facilitarlle o camiño", por comodidade ou por deixadez,... ou sexa cal sexa a razón o único que está conseguindo é que se críen parásitos sociais que non saben como medrar nin afrontar a vida...
ResponderEliminar