7 de julio de 2012

MANU IGLESIAS PARTICIPA NAS "XORNADAS SOBRE RSC E CULTURA" ORGANIZADAS POLA CIDADE DA CULTURA

 A Cidade de Cultura puxo en marcha a xornada "Cultura e Responsabilidade Social Empresarial " co obxectivo de xerar un debate ao redor da oportunidade de impulsar o desenvolvemento cultural desde a responsabilidade social das empresas, involucrando os sectores público e privado, organizacións sociais e demais membros da contorna.
A Responsabilidade Social das empresas naceu dunha vertente filantròpica que respondía á arela empresarial de devolverlle á sociedade parte do beneficio obtido. En realidade, a Responsabilidade Social Empresarial enténdese integrada en toda a cadea de valor, como parte do modo de operar en entidades privadas e administracións públicas.
Manu Iglesias fixo unha recopilación dos aspectos que teñen unha gran importancia para a empresa no senso da súa vinculación a cultura. Sentiu que as organizacións deben implementar a relación ca cultura na súa visión estratéxica e que a "Biodiversidade" e diferente visión, axudan a supervivencia económica das empresas e a súa sostenibilidade. A fín de contas, axuda a adaptabilidade e polo tanto a supervivencia, poñendo como exemplo un biotopo no medio natural.

1 comentario:

  1. O concepto RSC nos seus orixes foi ligado sempre á esa vertente filantrópica ou de mellora de imaxe fronte a sociedade, que se comenta no artigo. Tamén ía unido sempre ás grandes empresas e multinacionais, fronte as pequenas empresas sen recursos para investir en este tipo de medidas.

    Cada vez mais estes dous estereotipos están mudando. Por unha banda a RSC estase a comprobar que é motor da mellora continua e potencia a competitividade da empresa; dous exemplos claros de esta afirmación son por exemplo o feito de que un traballador nunha empresa con medidas de conciliación familiar, facilidades de horarios e boas condicións de traballo, é moito máis produtivo e contabiliza moitos menos días de baixa para a empresa que outro dunha empresa onde non existen estas medidas. Do mesmo xeito por exemplo, medidas de protección ó medio ambiente como poden ser a redución dos embalaxes, a optimización das rutas de reparto, etc. non so repercuten nun menor impacto ambiental, senón que tamén supoñen para a empresa unha redución dos custos de produción e por tanto nunha mellora competitividade fronte as empresas do seu sector.

    Por outra banda o feito de ser pequenas o medianas empresa soe asociarse a ter pouca capacidade de acción, ausencia de medios e de recursos, pero non ten porque ser así. O reducido tamaño das PEMES permítelles ter unha maior flexibilidade e menor inercia que as grandes empresas, ter unha relación mais directa cos grupos de interese. Por exemplo en materia de conciliación de vida laboral e familiar, a cercanía do trato permite unha maior flexibilidade nos horarios e unha maior rapidez na posta en marcha das medidas, xa que están liberadas da burocracia e políticas que poden existir nas grandes empresas.

    As empresas que veñen aplicando este tipo de medidas dende fai tempo, teñen moito gañado neste entorno tan complexo que estamos a vivir nestes últimos anos.

    ResponderEliminar

Deja tu comentario en As Salgueiras