Disfrutando de los juegos |
Fai uns días recibimos en Galopin a
visita dunha quincena de alumnos do C.P.I. Fonte Diaz de Touro. Os alumnos viñas
acompañados do seu mestre das asignaturas de “Taller de Iniciativas
Emprendedoras” e “Diversificación Curricular”, Manuel Sanchez, ca
intención de ver de primeira man todo o proceso de fabricación dun xogo
infantil, dende que surxe a primeira idea ou bocexo, ata que finalmente se
instala na área de xogo. Tratábase de ver na práctica o que antes puideron ver
de forma teórica nas clases sobre a posta en práctica dun proxecto ou idea,
dende que apenas é un xermolo, ata que finalmente se plasma nun elemento
real.
Aprendiendo cómo se diseña un juego |
A visita comezou na Oficina Técnica, onde se
lles mostrou como a partir dunha primeira idea básica, se desenrola o modelo 3D
e con el, toda a documentación necesaria, información comercial, fichas
técnicas, planos de fabricación … en definitiva tódolos requirimentos para a
súa posta en produción e posterior comercialización. Aquí puideron ver en
primicia os novos modelos que se están desenrolando na actualidade, e que
proximamente se poderán ver instalados na rúa.
O seguinte estación da visita foi para
ver tódolos prototipos que se estaban a construír nese momento, moitos deles
enmarcados no que poderíamos chamar GAMA BIOFÍLICA onde se prioriza o uso de
elementos totalmente naturais, que se integren ca natureza e sexan respetuosos
co entorno onde se instalan. Aquí destaca o predominio da madeira de Robinia
(madeira que se usa nun estado totalmente natural, que proporciona unhas
cualidades extraordinarias para o seu uso en xogos infantís, e que é apta para o
seu uso á intemperie sen aplicación de ningún tipo de tratamento funxicida, nin
bactericida, polo que é totalmente inocua co medio natural), o uso de metais
(100 % reciclabes ) sobre os plásticos e materiais sintéticos, e unha
potenciación das propias formas naturais que nos proporciona a madeira
intentando manter o as formas orgánicas sobre as
artificiais.
Concluída a visita o taller de
prototipos, fíxose unha visita completa o resto de instalacións da empresa,
pasando polas sección de carpintería, taller de metal, sección de redes,
expedición, montaxe, etc.
Finalmente, para rematar a visita, e
antes de tomar o camiño de retorno a casa, os rapaces fixeron unha breve parada
na área de xogos que Galopín ten instalado no exterior das instalación, no
entorno do río Cavancos, onde ademais puideron comprobar de primeira man, o
resultado de todo o traballo que se ven desenrolando dende Cerceda.
Pablo Buyo
Pablo Buyo
Gustoulles moito a tirolina
ResponderEliminar