Hoxe
é o día da música e tamén recen chegou unha nova estacion, pero tamén é o día
en que remata o Curso de verán “Estratexias Cidadans para os tempos da Crise 2” que xa empezara o 17 deste
mes. Os organizadores decidiron facer unha segunda convocatoria centrada en
Arteixo despois do éxito da primeira que foi en Carballo.
A
paisaxe creada pola explotación desmesurada destes últimos anos é unha realidade que temos que analizar. A
etapa que vivimos pode, e debe, ser un momento de revisión e búsqueda de novas
alternativas mais adaptadas a novos pensamentos, pensamentos non enclaustrados
no devenir lineal ó que estábamos acostumados a seguir.
Por eso mesmo,
non podemos estudar os problemas dende un único punto de vista, precisamos a
colaboración de todas as disciplinas, no curso estiveron as seguintes: xeografía,
ordenación do territorio, medio ambiente, socioloxía, fotografía, arqueoloxía e
arquitectura.
Polo noso
traballo somos coñecedores da complexidade do espacio público e por iso apoiamos
a interacción de coñecementos.
As conferencias
foron a cargo de Cristobal Crespo, Pablo Gallego, Rosa Mª Regueiro, Olalla
Caamaño + Javier Harguindey, Ismael Ameneiros + Santiago Rey, Felipe Peña, Covadonga Carrasco + Juan Creus,
Enrique Saavedra, Ruth Varela e Paco Pestana.
Os alumnos
estudaron a maneira de facer unha normativa axeitada e tamén fixeron unha
práctica real sobre a zoa, propoñendo alternativas que poden ser útiles ó
Concello de Arteixo.
Seis grupos de
traballo de 4-7 alumnos con un tutor por grupo abordaron as seguintes
temáticas:
- A Lei do solo
nos núcleos urbanos de Galicia.
- As normativas
urbanísticas.
- Os
crecementos e transformacións.
- Espazos
públicos nos núcleos, relación cos espazos privados e elementos definitorios
destes.
- Os motivos da
desaparición dos espazos de relación.
- Camiños e
vías.
- Toponimia.
- Tipoloxías
arquitectónicas.
- Tipoloxías
construtivas- patoloxías.
- Os detalles
construtivos.
- Construcións
adxectivas.
É
evidente que temos a necesidade de escoitarnos, de reflexionar e actuar sobre o
que podemos facer neste momento de incertidumbre. A creatividade ten una función esencial na recuperación da
situación.
Felicitamos
o grupo de investigación “Proyecto de
Arquitectura y Ciudad”, a Universidade
da Coruña, a Escola de Arquitectura da Coruña e o Concello de Arteixo por este
curso de verán e a preocupación por loitar para mellorar o noso entorno.
Hoy clausuramos el curso con la presencia del Alcalde de Arteixo, que se mostró muy interesado en las propuestas finales no-cost presentadas por los alumnos.
ResponderEliminarEn breve se elaborará una publicación con los resultados del mismo.