28 de junio de 2013

Un xardín para a auga


Tanto por ser especialistas en tratamento de auga como en espazo público, queríamos facer referencia a un proxecto de gran interese. 



O parque Raíña Sofía de Ferrol, dende que  recordamos, foi sempre un lugar naturalizado, un xardín botánico con especies e animais exóticos (recordamos por exemplo, os maxestuosos pavos reais). O Concello invertiu añadindo a este parque Aquaciencia, un espazo didactico e de ocio adicado a auga. En total existen 5.000 m2 de disfrute para tódalas idades. Se aproveitan as formas do terreo para canalizar o caudal e tamén encontramos ríos e lagoas naturais. O visitante descubre e experimenta mediante distintos enxeños, trebellos, maquetas, paneis e xogos, a enerxía da auga e os seus principios dinámicos básicos.

  Probando a capacidade dinámica da auga en Galopín
O Concello ademais editou unas fichas explicativas que se poden descargar na páxina de Aquaciencia, nos que se explican os diferentes mecanismos: clepsidra, acueducto e ariete hidráulico, central hidroeléctrica, noras, bóla, tubo de Pitot e transbordador, depósito, muíño, vasos comunicantes, machuco e bomba de xerro, Bomba peristáltica, parafuso de Arquímedes, fonte de Herón, turbina e cambón.
fonte: Aquaciencia (Ferrol)
A maiores, podese disfrutar da aula didáctica de ecoloxía urbana que organiza talleres para os nenos sobre reciclaxe e consumo responsable.

Animamos os nenos e nenas que estiveron nas actividades da Fundación As Salgueiras a visitar este parque. Unha visita que vale a pena.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja tu comentario en As Salgueiras