O escritor Alvaro Cunqueiro (1911-1981)
escoitou moitos contos e historias na súa infancia, podemos decir que levaba
dentro o espíritu do relato popular da tradición oral galega.
Para Cunqueiro
a infancia era un tesouro do que se alimentaría toda a súa vida. A sua nai
cantaba e recitaba e o seu pai facía tertulias na súa botica. Él recordaba tamén a
un barbeiro de Mondoñedo do que aprendiu moito.
Este é un
exemplo de cómo a nosa infancia inflúe no que somos, no que nos gusta facer na
vida. Como é o caso de moitos outros, a infancia do escritor prosperou e perpetuouse como a fonte principal da súa narrativa. Máis que un home que recordaba a sua infancia para escribir dela, Cunqueiro foi sempre un neno que incorporou novas experiencias sen esquecer nunca as que lle marcaron por primeira vez.
"seriamente falando
quero quero volver a pór a miña gorra mariñeira
aquela gorra dos oito anos
cando entre o meu sono i-eu cantaba a luz”
Os dez anos
escribe unha novela de vaqueiros donde os vaqueiros
falaban castelán e os indios galego.
Acabaou
escribindo para a nosa colectividade lendas e contos baseados nos que xa
existían nas diferentes zoas da nosa xeografía (tamén europea e oriental),
utilizando unha forma de expresión inspirada na lingua falada. Plantexando a
fantasía dentro dunha explicación verosímil e recoñecible.
Na praza do humor da Coruña podemos encontrar unha escultura de
Cunqueiro e tamén a fonte do persoaxe do Gatipedro que visita ós nenos pola
noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deja tu comentario en As Salgueiras