31 de agosto de 2011

A hipoterapia mellora a calidade de vida

Comeza o novo curso e, coma sempre, na Fundación As Salgueiras volta a hipoterapia.

Aquí vos deixamos unha noticia de onte que recolle de forma explicativa e clara a descripción desta actividade e os beneficios que ten para os pacientes cando se leva a cabo de forma profesional e cos medios adecuados.


4 comentarios:

  1. Creo que é un bo resumo do traballo que se realiza na Fundación en canto ás hipoterapias. Detrás do que vemos está a dedicación, o bo facer e o entusiasmo de cantos colaboran (Ana, Antonio, Lucía, Manolo, Manu, María, Óscar, Serafín, Tania...) e por suposto a alegría e disposición de amigos como Mª José e Enrique. A nobreza dos cabalos adestrados e dedicados en exclusiva e o ámbito natural (vimos insistindo na importancia e os efectos terapéuticos do contacto coa natureza) tamén xogan un papel primordial.
    Noraboa a todos.

    ResponderEliminar
  2. O noso recoñecemento ao Telexornal polo interese que mostraron pola hipoterapia, así como aos cámaras e redactores, que souberon reflectir a realidade do que neste sentido facemos na Fundación As Salgueiras, un dos aspectos dos que nos sentimos máis contentos dentro dos nosos programas de saúde, de integración social, ambientais, lúdicos e pedagóxicos.

    ResponderEliminar
  3. A miña máis sinceira noraboa a todos os que fan posibel esta terapia, tanto aos que saen no video (ben parecidos por certo) como aos que Están, aínda que non se lles vexa nesta ocasión. Penso que este tipo de reportaxes divulgativas no televexo son verdadeiramente importantes para dar a coñecer esta ferramenta terapéutica que contribúe a mellorar a calidade de vida de persoas como María e Enrique.O vídeo reflicte perfectamente o rigor e a calidade técnica e humana coa que se traballa na Fundación As Salgueiras. É unha honra poder formar parte, dalgunha maneira, de este gran proxecto.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Cuánto me alegra que los medios se interesen por la hipoterapia dirigiéndose a profesionales serios. Si no estoy mal informado, creo recordar que la comunidad científica comenzó a interesarse por la monta terapéutica cuando la amazona danesa Lis Hartel subió al podio olímpico. Tenía poliomielitis desde los 16 años y quedó paralítica poco más tarde. Pero gracias a la equitación consiguió rehabilitar sus músculos excepto la rodilla. Siempre necesitó ayuda para subir o bajar del caballo. A pesar de su enfermedad, fue dos veces medallista olímpica en equitación y luego se dedicó a difundir la monta terapéutica. Fue cuando empezaron a surgir escuelas de equinoterapia por todo el mundo. Y en 1960, la AMA (American Medical Association) reconoció a la equinoterapia como herramienta terapéutica válida. No sé si la hipoterapia surge después de la equinoterapia, se desarrolla en paralelo o tiene otros orígenes.

    En todo caso, os felicito por la labor que hacéis. A ver si más medios de comunicación se interesan y dan a conocer a la gente lo que es la hipoterapia bien hecha, que algunos confunden con una especie de turismo ecuestre con propiedades mágicas.

    ResponderEliminar

Deja tu comentario en As Salgueiras