13 de julio de 2012

"OS FUTUROS ARQUITECTOS BUSCAN MELLORAR A AMBIENTE MALTRATADA"

Fomos invitados pola Facultade de Arquitectura e o Concello de Carballo, a explicar a experiencia do "XARDÍN DE UXES".
A facultade de Arquitectura, organizou en Carballo, unhas xornadas sobre o espazo público e as posibilidades que ten a sociedade civil nos tempos de crise para afrontar o tratamento do que é colectivo: "Extratexias Cidadáns Nos Tempos da Crise".
O Xardín de Uxes, foi un exemplo de cómo sen medios ningúns se pode convertir un vertedeiro nun xardín do que a xente pode sentirse orgullosa.

Poñemos o enlace deste mesmo blog, para refrescar a memoria dos que xa coñecen a historia de aquel exemplo de intelixencia social e poñer en coñecemento dos que todavía non saben de aquela historia que trata de orgullo e autoestima colectiva:


*As propostas dos estudantes, que foron divididos en seis grupos para estudar seis áreas da cidade, foron sorprendentes, ofrecendo todo tipo de solucións para mellorar a cidade e sacar proveito dos seus principais problemas do punto de vista urbanístico.