21 de diciembre de 2011

DE CÓMO SE FORXOU O CAMIÑO:


Fai algún tempo lía un relato corto de Paulho Coelho, baseado nunha historia tradicional malaia. Hoxe o pasar polo blog e reler algunha das historias de superación, inconformismo e perseveranza de algunha xente, volveu este relato a miña cabeza. Intentarei reproducir esta historia o mellor que me permite a miña mala memoria.
“Un día, un becerro que precisaba atopar un regato para beber, tivo que atravesar un bosque virxe para chegar ata el. Como era un animal irracional, abriu un carreiro torteno, cheo de curva ó ter que esquivar os toxos e as silvas, subindo e baixando valos, ata chegar a onde quería, e lograr beber. O día seguinte, un can, seguindo o rastro que deixara o becerro, usou ese mesmo carreiro para atravesalo bosque. Despois  tocoulle a un carneiro, xefe dun gran rabaño de ovellas, que vendo o camiño marcado fixo que os seus compañeiros o seguirán para atravesalo bosque. Mais tarde, os humanos comezaron tamén a usar este sendeiro: entraban e saían, xiraban a dereita e a esquerda, baixaban, subían esquivando os penedos, xurando e maldicindo con toda razón, pero non facían nada por poñerlle solución.
Despois de tanto uso, o sendeiro converteuse en corredoira, e a corredoira nun amplo camiño, onde os animais cansábanse baixo as pesadas cargas dos arrieiros, obrigados a recorrer en tres horas unha distancia que poderían ter cubierto en apenas media hora se non tiveran seguido o carreiro que abrirá o becerro.. Despois de moitos anos o camiño converteuse na estrada principal dun pobo, e finalmente, na avenida principal dunha cidade. Todos se queixaban do traxecto porque non podía ser peor.
Mentres, o sabio bosque ríase, o ver que os humanos teñen a tendencia a seguir cegamente os camiños que xa están abertos, sen cuestionarse nunca si esa é a mellor elección”.
Vaia dende aquí a miña admiración e recoñecimento, para todos aqueles que tendo razón para queixarse, non o fan, poñendo todo o seu empeño en non resignarse a ir polo camiño marcado, abrindo novas e mellores vías para os que veñen detrás, infatigables ó desalento e xordos ante as voces de aqueles que os tachan de tolos por ir a contracorrente. Como dicía alguén “Si queres obter resultados diferentes, empeza por deixar de facer as mesmas cousas”… canta razón tiña.

6 comentarios:

  1. Moi interesante o relato.

    É importante darlle a importanza que merece a autocrítica e o cuestionamento de todo o que a ollos da maioría, non pode ser doutra maneira. Por moito que estea moi repetido, non é menos certo, que hoxe, e sempre, o camiño faise camiñando.

    Grazas por achegar estas pingas concentradas de sabedoría

    ResponderEliminar
  2. Tamen e coñecida a versión de que os burros usabanse para trazar as vías do tren ou as estradas.

    Din os etologos, que os burros non gostan das costas moi empinadas e sempre andan na percura dun camiño seguro e si e posible chan. No caso dos trens, esta era unha ventaxa, pois non habia levantamientos topográficos e as mañas dos burros e o oficio dos arrieros eran moi axeitadas para non apañar costas nin trazados complicados para as vellas locomotoras de vapor.

    Din que unha técnica moi usada, era baixar un burro criado nunca aldea do bicho do monte o val ficando pechado e pouco alimentado para que tivera morriña do seu fogar. Pasados dous ou tres dias o ceibaban e o seguían par marcar o camiño sinalado polo burro,

    Sei que un día os arrieros contratados para arrendar os burros os labregos que vivían nos picotos, volveron cas mans veleiras e lle esperaron o inxenieiro xefe.

    Sentimolo moito patrón, non atopamos burros, vai ter que mandar os inxenieiros a facer o seu traballo.

    ResponderEliminar
  3. A chegada de novas técnicas e aparellos de medición topográfica parece que relegaron ó olvido este honroso oficio a burros ou mulos. Ainda así, quedan numerosísimos exemplos, onde o inxenio humano ainda non foi quen de atopar sustitutos. Vexase o caso dos cans na detección de explosivos, estupefacientes, supervivintes en catástrofes... o caso dos porcos na recolección das preciadas trufas... incluso unha criatura tan denostada como as ratas utilizase en certos paises en conflicto de África para a detección de minas antipersoa (dado o seu pouco peso en comparación con cans ou humanos, permite a deseactivación das minas minimizando o risco de explosión). Non nos olvidemos tampouco do traballo de cabalos, cans, golfiños, etc. como apoio ó personal médico, na recuperación e rehabilitación de personas con todo tipo de problemas.

    ResponderEliminar
  4. A metáfora do boy pensó que expresa que precisamos da analise racional do problema, o coñecemento dos inxenieiros de camiños para saber usar a técnica axeitada para acadar un obxetivo como o trazado duna Estrada.

    A dos burros, que os inxenieiros precisan dos arrieros, e tamen dos canteros, carpinteros, lagoeiros, e demais traballadores ou artesans que fan a Estrada e a manteñen.

    So son outros xeitos de ver ou ler a mesma historia.

    Aperta

    ResponderEliminar
  5. Moi bo conto.

    A verdade e que de cote seguimos un camiño sin saber porque

    ResponderEliminar
  6. En moitas cuestións deberiamos acercar o noso modo de pensar ó mundo animal porque teñen moito que ensinarnos.

    Sin embargo, nós temos a capacidade para pararnos a pensar que camiño seguir e por qué.

    ResponderEliminar

Deja tu comentario en As Salgueiras