SEMENTAL DA RAZA RUBIA GALEGA |
Nas últimas datas veño de facer un descubrimento que me pon o alcance da man información que ata agora pensaba que so estaba ó alcance de uns poucos. Este descubrimento ven propiciado pola combinación de dous feitos, por unha banda numerosos organismos están a dixitalizar tódolos seus fondos bibliográficos, hemerotecas, cartografías, arquivos … e estanos a publicar na rede, e por outra banda a tecnoloxía OCR (recoñecemento óptico de carácteres) permite recoñecer e procesar o texto escrito incluído nestes documentos e facilitar así a súa xestión. ¿Qué ven a significar isto? Que cantidades inxentes de información ata agora só accesible e interpretable para uns poucos (porque por razóns de conservación, para acceder á maior parte de estos fondos había que facelo previa autorización, tomando as medidas de seguridade oportunas, e ademais porque se precisaban certos coñecementos previos e de horas e horas de estudio para sacar algo en limpo), agora permítenos desde a propia casa, e sen necesidade de ser un experto, facer búsquedas dirixidas mediante filtros, palabras clave etc. do mesmo xeito que se busca información en google, e obtendo resultados de maneira inmediata.
Algunhas das hemerotecas e arquivos virtuais que comento aínda son recentes e están comezando a xerarse, pero xa existe unha base documental ampla onde curiosear. Dúas das que mais me chamaron a atención, seguramente pola proximidade dos documentos que a forman, son Galiciana que é a Biblioteca Dixital de Galicia impulsada pola Consellería de Cultura e a Fundación Cidade da Cultura e a Hemeroteca da Real Academia Galega . Existen moitas mais, tanto de carácter local como máis xerais, aínda que non todas dispoñen do formato OCR en tódolos seus documentos, o cal dificulta en enormemente as búsquedas.
Nin son historiador, nin periodista nin tampouco o pretendo, pero teño que recoñecer que sinto certa emoción o ler cousas que fai anos que ninguén leu, saber de xente da que xa ninguén se recorda ou descubrir pequenos anacos de historia, que non por pequenos deixan de ser importantes e incluso determinantes para entender o que somos hoxe.
"PAZO DE CODESEDA" |
Nunha desta busquedas atopei un documento que me chamou a atención pola súa proximidade e pola súa vixencia plena a pesar de ser publicado hai mais de 150 anos, e que me levou a indagar mais sobre o seu protagonista, o meu veciño o Sr. Manuel de Verea Saco deputado provincial polo distrito de Ordes, e propietario no seu tempo do Pazo de Codeseda na parroquia de Leira en Ordes, a escasos 10 km de distancia de As Salgueiras. Abaixo reproduzo este artigo publicado no ano 1856 na publicación “La Exposición Compostelana” extraído da Hemeroteca Dixital da RAG, así como fotos do citado pazo que hoxe en mans particulares, aínda segue en pe.
Unha primeira lectura do texto, dende o punto de vista socioeconómico, lévanos á conclusión de que por desgraza 156 anos despois de ser publicado o escrito, parece que pouco mudaron as cousas; o asociacionismo e cooperativismo no rural, a pesar de ter avanzado, non son o motor que deberían ser para o pais, e as subvencións e axudas, ou a intervención da administración parecen ser o maná que esperan todos que caia do ceo para mudar esta situación de perpetua crise no rural. Por desgraza parece que non interesa deixar de ser pobres, para non deixar de recibir as axudas, e estamos lonxe de alcanzar , tal e como desexaba o Sr. Verea , ós cataláns.
A outra lectura, que podería suscitar certas criticas hoxe en día, podería vir polo feito de que o protagonista estea avogando pola introdución de xenética foránea para potenciar as razas autóctonas, algo que hoxe en día sería totalmente censurable. Sen embargo hai que posicionarse naquel ano 1856, onde a necesidade de buscar exemplares de maior rendemento cárnico, máis resistentes para o traballo e ante as enfermidades, fronte os exemplares autóctonos que nada teñen que ver cos que existen hoxe en día e que se describían na época como “una raza degenerada, tísica y enflaquecida” , facía necesario unha mellora da cabana gandeira do pais. Naqueles anos de mediados do século XIX, Galicia, a través de Portugal, era un dos principais abastecedores de carne de Inglaterra, xa que os barcos frigoríficos que a principios do século XX posibilitarían traer a Europa carne de Arxentina e Australia a menos prezo aínda non existían. Hai que ter ne conta ademais, que estamos nin mais nin menos que 60 anos antes de que Rof Codina publicase a primeira monografía “La raza Bobina Gallega” de 1916, onde se sentaban as bases do que é hoxe en día a Raza Rubia Galega, e moi lonxe tamén dos coñecementos e conciencia que se ten hoxe en día sobre o tema. Iniciativas particulares como a do Sr. Verea, movido mais pola intuición e as ganas de mellorar, que polo verdadeiro coñecemento científico, en algúns casos foron positivas en outros desafortunadas, pero o que non se pode obviar e que foron a base do que hoxe en día se ten por ser unha das razas bobinas de mellor calidade do mundo, a Rubia Galega.
Un entrada que aporta datos moi interesantes
ResponderEliminarUn dia, teremos que recopilar a experiencia de Antonio d finca a Ferreira ahora criador de Cachena e antes de rubia gallega.
Sorprende que persoas como as que citas, o igual que ocurre con Jovellanos, segen a estar de plena actualidade.
Aperta Manu
Este blog, ultimamente non deixa de sorpenderme pollas casualidades.
ResponderEliminarNa entrada anterior contaba que so unhas horas antes de que Ana Lista subirá a usa crónica do deporte e natureza, eu estaba revisando con un profesional do deporte neste foro, a relación entre deporte e natureza, falando de biofilia e o seu valor terapéutico. Cando mandaba o enlace, prometía que eu non tivera nada que ver, ña programación das entradas.
Onte citéi a Jovellanos, a figura da gran figura da ilustración do cal destaco as suas loubanzas a aldea e a noble labor dos nosos labregos, os cales adicou gran parte dos seus desvelos e escritos, tentando de percurar a dignidade e a rentabilidade social do sector primario.
Hoxe no suplemento Culturas da Voz de Galicia, que dirixe un bo amigo Luis Pousa, leo un artigo de Cesar Antonio Molina sobre Jovellanos e o Castelo de Belver. O Cautiverio lembrame o presidio de Malaespina no Castelo de San Anton e fala do ingrata de esta Terra nosa que tan mal trata os seus millores servidores.
Molina, non esquece de resaltar a admiración de Jovellanos pola vida no campo. Prometo que tampouco tiven nada que ver.:-)
Ñas Salgueiras contamos ca honrra de ser unha Fundacion declarada de utilidade publica no eido rural. Con aportacions como a desta entrada, amosamos a nosa sensibilidade e preocupación polos problemas do agro, a usa historia e cultura.
Aperta Manu
Aperta
A Fundacion non é allea a profunda conexión entre a vaca e a cultura, quero aproveitar para citar algunhas frases de Castelao en "Sempre en Galiza", no capítulo 32 titulado As Vacas.
ResponderEliminar...A vaca é o símbolo da paz...
...Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante...
...A vaca esqueceuse dos cornos e dános o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. Non nos pode dar máis...
...Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza"...
...A vaca é a ama de cría da Humanidade...
...Tamén hai razas de vacas, e a mellor é a nosa...
Esto segue plenamente vixente, e poderiase decir de calquera vaca do planeta.
Saúde
Xulio Correa