Por Marola Ramil
A festa estivo ben, moi ben, pero non deixa de ser unha festa donde hai comida, música, xente, moita xente, para sorte nosa tamén animais, os cabalos e os ponys, a maiores tamén había coches de cabalos e o que predominaba eran nenos, moito bullicio, como ten que ser nunha festa que se precie, máxime si a festa vai dirixida a estos amigos , que tanto nos enriquecen, cos que a FUNDACIÓN AS SALGUEIRAS ten relación de cotio.
Duas cuestións fixeronme reflexionar .
En primeiro lugar a INTERRELACIÓN INTERXENERACIONAL E CULTURAL de nenos con gaiteiros, de gaiteros cos cabaleiros, de cabaleiros cos intelectuais, de intelectuais con terapeutas, de terapeutas con teóricos da vida, de teóricos cos cociñeiros das sardiñas, dos cociñeiros cos pais e nais, dos pais cos residentes das distintas asociacións, dos residentes cos artistas e dos artistas cos voluntarios de AS SALGUEIRAS.
Todos fundimonos ca natureza nun entorno privilexiado do que todos disfrutamos, tivemos a oportunidade de compartir as caricias aos cabalos, as risas, a comida perfecta (ainda que Fran quedouse sin probar a bola larpeira), o reencontro con algúns coñecidos e o descubrimento de novas persoas que teñen inquiedanzas semellantes ou distintas ás nosas .
En definitiva que riqueza para o espíritu...
En segundo lugar e o que mais me emocionou foi Lucas.
Lúcas é un neno que vai en silla de rodas, non sei si chegará ós 10 anos, pero Lucas pasouno de morte , subiu e baixou na sua silla, pode que 80 veces ou mais. De repente veialo seguindo a unhos nenos e outras veces os nenos o seguían a él, pasouse media mañá investigando tódolos recunchos, cuspindo na fonte para ver as ondas, acelerando ó baixar pola costa a todo meter, como si se impuxera algún record , en definitiva, ( eu paseino xenial vendo disfrutar a este neno, ó que atopei totalmente autónomo) que envidia Lucas, porqué ti rapaz, como o pasaches!!!!!
Alégrame que todo saíse moi ben e que disfrutarades moito. Estou desexando ver esas fotos que promete Fran para poder intuir un pouquiño do que foi a festa.
ResponderEliminarUnha aperta.