1 de junio de 2012

"A NATUREZA É SABIA"


Neste último mes estou descubrindo que a raza humana ten moito que aprender dos animais. Estaremos moi avanzados en certos temas pero deberíamos aprender deles en cuestións como cubrir as necesidades básicas e o aprendizaxe dende cachorros…
"Cuca e seus Cachorros"
Vouvos contar a historia. Hai un mes e medio e por causas de forza maior, chegou a casa Cuca, unha bonita gata persa de cinco anos, cor canela e preñada. Demasiadas emocións para todos, empezando por Silver o gato persa “dono” da casa que nun primeiro momento sentiu o seu territorio ameazado; pero por sorte Cuca adaptouse perfectamente, e volveuse rápidamente outro membro da familia gracias á súa obediencia e ó seu cariño.
Cuca dou a luz o día da nai. Tres bonitos cachorros persas. Ó principio, co parto, co nacemento, cas crías,… eu estaba preocupada porque son primeriza en temas maternais pero Cuca non necesitou axuda para nada. Nin a necesita.
Cuca é unha gran nai. E salvando as distancias, é tan boa nai como pode ser a miña ou a de calquera de nós. E como deberían ser todas as nais. Dende o primeiro momento, e a pesar da fatiga que supuxo o parto, protexe ós cachorros ca súa vida, chegando incluso a ameazar a calquera que ela considere perigosa para o benestar das súas crías; aliméntaos ata o extremo de acabar ela exhausta de tanto amamantar neles; e sobre todo vainos ensinando. É aí é onde máis sorprendida estou. Vailles dando cariño, caricias, abrazos, e correxíndoos. Pero sempre dende a tenrura dunha nai que vela porque os seus cachorros saian adiante. Os pequechos (ainda sin nome) abriron os ollos con quince días, e empezaron a ver; e agora están na fase de empezar a descubrir q as súas unllas non son para reptar e escalar soamente, senon que poden andar,…  e corren pola casa ainda con certo coidado e sempre baixo a atenta mirada da súa nai, que os vai ensinando… ela é a que marca o cando, o como ou incluso o por qué, pero  cun “bo saber facer” envidiable, sin levantar a “voz”, nin a pata, nin enfurecerse… que nos gustaría ter a moitas persoas nas nosas vidas,… simplemente con pequenos xestos. E ainda que sone imposible por tratarse dunha animal eu resumiríao en:  EDUCANDO CON EDUCACIÓN






8 comentarios:

  1. Verónica, son una preciosidad!!! que pena no poder quedártelos todos, verdad...?, yo creo que es lo que llevaría peor de tener una camada en casa, que conociéndome,ja,ja no sería capaz de dar los cachorros cuando se destetan y llega el momento de darlos;y sí que tienes razón, tendríamos miles de cosas que aprender de ellos como: compañerismo, amor sin límites, falta de egoísmo, valentía,etc...etc...
    Saludos

    ResponderEliminar
  2. A etoloxia ( ciencia que estuda o comportamento social dos animais) deberia servir de base para a pedagoxia. Os nenos deben aprender como os cachorros, a tomar o seu adecuado posto na xerarquia. A fin de contas, antes os nenos eran persoas con menos forza e experiencia, pero persoas, e agora son irresponsables e inhabilitados.

    Os gatiños teñen que aprender rapido, e a sua nai, ten que facer o posible para percurar a sua emancipacion. Agora non nos damos conta, que o exceso de protecciom vai en comtra do interes protexido.

    Aperta

    ResponderEliminar
  3. Gracias Begoña. No meu caso sí que foi duro, entregueinos esta semana e costou o seu pero tamén entendo que non é razoable ter tantos gatos... e por outro lado, estou dacordo Manu. Ó meu modo de ver moitos pais xa non son o que eran... con tanta sobreprotección e malcriando o único que se consigue é crear seres que non van saber desenvolverse, e que non coñecen o que costa acadar as cousas,... e olvidan inculcarlles educación e valores para poder medrar...

    Como digo ó inicio do artigo: canto nos queda por aprender dos animais...

    saúdos,

    ResponderEliminar
  4. A miña experiencia cos gatos, é mais ben limitada e non mui positiva, seguramente porque o contacto que tiven con eles foi a través de exemplares mais ben asilvestrados e con pouca querencia ó contacto humano. Cos cans, podo dicir que levo toda a vida entre eles, e pola nosa casa pasaron exemplares de tódalas razas... doberman, gran danes, pastor alemán, foxterrier, sanbernarno, mastins, setter, swnauzer, podencos, un longo etc. Dende fai dez anos centramonos en tres razas: o fila brasileiro (un can de garda), o dogo de burdeos (tamén de garda) e o bulldog inglés, que en orixen cumplía tamén una misión enfocada a garda e que hoxe se convertiu nunha raza de compañia. Neste tempo encontreime con nais como as que describe Vero, pero tamén con nais moi torpes, con pouca adicación os cachorros, que non sabían como tratalos, e que incluso chegaban a facerlle daño inconscientemente, mais pola falta de pericia que outra cousa.. supoño que pasará igual que cas persoas.

    O caso que me marcou ocorreu fará uns 5 anos. Unha femia de bulldog inglés, que por norma xeral traen 4-5 cachorros, viña cargada con unha camada de 11 cachorros!! Dada a morfoloxía esaxerada desta raza, 3 días antes de cumplir o tempo de xestación hubo que facerlle unha cesarea, xa que a vida da cadela corría perigo si non se actuaba. Nestos casos de parto prematuro, ocorre que os cachorros parece a simple vista que están ben formados, pero na forma de actuar xa se aprecia que teñen problemas, non piden para mamar, no choran... Normalmente nestos casos, ainda no caso de usar incubadora, a maior parte deles morren as poucas horas. Este non foi un caso diferente, e a pesar de estar nunha incubadora, un tras outro foron morrendo, nas seguintes horas. Din que o bulldog, non ten cabeza, ten cara como os humanos, e realmente a sua expresión di moito mais que a outras razas... Neste caso ademais de expresión, podo asegurar que Ofelia (que así se chamaba a cadela), cada vez que nos acercábamos a ver como estaban os cachorros na incubadora, nos miraba, miraba para para a incubadora e intentaba falarnos pedíndonnos que os axudáramos, que fixéramos algo, que os seus pequenos estaban morrendo. Ese sentimento de impotencia, poucas veces o volvín a sentir con esa intensidade. Para Ofelia houbo outra oportunidade de ser nai, e neste caso todo foi ben.. mereciao.

    ResponderEliminar
  5. Pablo.

    Este comentario merece ser unha entrada. Ben sabes que en base a unha historia que contaches sobre os boldogd, poidem facer aquela entrada de Reflexiones de un bulfog. Os animais nos ensinan moitas cousas de nos mesmos, e ca tua descripcion me parece que poido ver a expresion da pobre cadeliña

    Saudos

    ResponderEliminar
  6. Noraboa a Cuca, eu non tiven animais no piso, pero sempre que iba á casa dos avós pasaban por alí gatos e cans e quedabanse uns meses, por suposto que xunto a eles, coellos, vacas, galiñas, etc... eran os meus xogetes favoritos de pequena.

    ResponderEliminar
  7. Eu, que vivín de preto o duro que foi para a famila de orixe ter que desfacerse de Cuca, sinto unha grande felicidade de ver o ben que se adaptou Cuca ao novo entorno, o ver que ben está a gata e que sufrira o menos posible co seu cambio de entorno.

    Eu, ao igual que Begoña, costaríame un mundo desfacerme dunha camada, e máis cando son tan pequenos e divertidos, que podes pasar o día mirando para eles! De feito, se non fora porque Vero me fixo recapacitar, xa tería adoptado outro gatiño para facerlle compañía ao meu actual persa!

    Só decir que aínda que tamén adoro os cans, convivo con un gato e estou moi de acordo con Vero, é un animal que require moi pouco e aporta moitísimo! Moitísimo cariño, moita compañía, moita tenrura, e sobre todo.. moita educación, pero creo que aínda que cada cal ten a súas preferencias por un animal ou outro, todos son unha fonte de sabiduría dos cales deberíamos aprender máis.

    Sabrina.

    ResponderEliminar
  8. Gracias Sabri. A min tamén me costou, creme pero é lei de vida e basta con saber que nos seus novos fogares van estar ben coidados. Con respecto ós gatos eu tamén creo que son os eternos descoñecidos. Por esa razón a moitas persoas non lle gustan e incluso temen que os arañen,... prefiren un canciño que a priori é moito máis dócil. Creo que todos os animais nos ensinan moito pero no caso dos gatos ademáis como di Sabri piden moi pouco. En xeral son bastante autónomos e independentes (que non ariscos) e nos tempos que corren de présas e miles de cousas que facer tamén se agradece.

    ResponderEliminar

Deja tu comentario en As Salgueiras