A pasada semana, Galicia enteira recibia con honda tristura a noticia do falecemento de Isaac Díaz Pardo, unha das personalidades que maís influiron en tódolos eidos da cultura e da vida pública galega durante o século XX.
Será recordado polo seu firme compromiso político (nos últimos actos da súa vida acostumaba a a dicir que era o último republicano, porque os demais estaban mortos), polo seu amor pola terra (considerábase un “conservacionista libertario”, xa que que quería conservar a lingua, a cultura, a memoria, os bosques, etc), pero tamen pola súa labor como empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor de infinidade de ideas e proxectos.
Aunou o coñecemento de tódalas artes avogando pola converxencia de saberes e marcando as xeracions posteriores para as que creou centros de captación de talentos.
Dende a Fundación As Salgueiras sumámonos a tódalas mostras de afecto, respeto e admiración que nestes días esta recibiendo a figura do ilustre Díaz Pardo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deja tu comentario en As Salgueiras