4 de enero de 2012

Tempo de Nadal é Sinónimo de Tempo de Solidaridade.


Ainda que non debera ser así; e supoño que o perfecto sería que todos adicaramos moito máis tempo das nosas axetreadas vidas a ser solidarios, axudar ós demáis, a aquelas persoas máis necesitadas e con menos recursos. Pero ó final, nunca é así. Todos temos un día a día (tras outro) caótico, estamos inmersos no traballo, na familia, nos nosos problemas individuais… e parece que nunca hai tempo para deternos a reflexionar e mirar máis aló. Ver que hai persoas que nos poden necesitar.

Pero durante o Nadal encargánse de recordárnolo por todas partes: bombardéannos con galas solidarias, eventos solidarios, participación de voluntarios recollendo axudas, vendendo caixas de “vale por 5000 besos”,… asociacións involucradas en actos deste tipo, publicidade que nos invade sobre estes temas…. E vendo todo este atosigamento eu pregúntome ¿só debemos ser bos durante o nadal? ¿Facer o ben nesta época xa nos exime do noso comportamento durante o resto do ano? É unha reflexión que me fago porque nunha análise superflua creo que é a conclusión que moitas persoas sacan nestas datas.

Creo que tamén hai que mirar máis alá e ver que a axuda hai que levala a cabo todo o ano, tratar de facer o ben, coidar ós nosos semellantes, involucrarnos no que nos rodea e ter ansias por algo… non sempre por nós mesmos.  Ben é certo que cada persoa é unha circunstancia diferente e que a veces non se trata de egoísmo ou de pasotismo, senon do que se encontran moitas persoas ó chegar á casa despois dunha dura xornada de traballo: nenos que criar, persoas maiores que coidar,...

Persoalmente penso que temos que DAR . É moi importante ofrecer un chisquiño do que temos a outras persoas que o precisen: sean cartos, amor, tempo,… pero moitas veces tamén ocorre que estas persoas que o necesitan están máis próximas do que pensamos e ó mellor paga a pena ser un pouco máis localista, con estes asuntos…. Porque eu pregúntome ¿de que vale que envíes cartos ós nenos de Sudáfrica cando resulta que enfrente da túa porta tés unha familia que non ten para comer e ti non te molestas en ofrecerlle nada?

10 comentarios:

  1. A solución chegará cando esa "axuda" se vexa como un acto de xustiza, e non como unha maneira de eliminar o sentimento de culpa, de lavado imaxe ou de recoñecimento social. ¿Cantas persoas, empresas ou entidades destinarían parte dos seus recursos a estas "axudas" si este feito despois non fora publicitado dalgunha maneira?... por desgracia moi poucas, penso eu.

    ResponderEliminar
  2. Yo pienso que es un problema de conciencia personal.Y qué no importa si ayudas en África,India ó a la puerta de tu casa.El caso es intentarlo y aportar tu pequeño granito de arena;pues al igual que en una manada de animales, un enjambre de abejas,una bandada de pajaros, etc...somos animales sociales y debemos ayudarnos y respetarnos entre todos, pues mañana puedes ser tú el que necesites ayuda y además : "EL QUE DÁ SIEMPRE ESTÁ EN EL CORAZÓN DEL QUE RECIBE".
    Begoña

    ResponderEliminar
  3. Homes e animais diferéncianse na capacidade de raciocinio, o manexo dos cartos e a vanidade. Estas diferencias fan que a raza humana sexa, en ocasións, egoísta, huraña e incluso cruel. E en consecuencia, na sociedade actual, a solidaridade entendida como una forma de facer o ben ós demáis sin recibir nada a cambio, brilla pola súa ausencia. Parece que se non se “publicita” a nosa solidaridade, esta non ten ningún sentido. É máis valorado o quén que o feito en sí.
    O importante é axudar, sexa como sexa; que todos aportemos. Da igual de onde veñan esas “axudas” porque ainda que pareza que estamos creando una sociedade consumista e sin valores confío en que quedan persoas boas e con conciencia.

    ResponderEliminar
  4. Gracias Vero polas túas reflexións. sempre é necesario aproveitar unha disculpa como pode ser o nadal, para pensar.

    unha aperta. anímote a que sigas expresando aquí as túas inquedanzas.

    Manu

    ResponderEliminar
  5. Alguns din que cando se configura o cerebro na infancia, a estimulación das relacions entre os nenos fomenta a empatía, a xustiza, a colaboración, e eso podese ver hoxe en día nos scanners, pois cando eso non se da, o sistema limbico, - na parte frontal do cortex cerebral- vese atrofiado.

    Tamen din que a impronta da solidaridade no noso código xenetico, e a que nos facultou a nos a evolución, pois so axudando os débiles, ca cooperación, podemos acadar, grandes resultados e avances da humanidade,

    Lin, que conforme se suceden as xeracions somos mais dialogantes, menos violentos, mais mansos.

    Os xaponeses din que un neno criase nas costas. Con esto queden dicir que repiten as accions que ven facer os pais dende atrás. Si ña casa vemos esas actitudes de xustiza e solidaridade, actuaremos así.


    Cando se di que algunas empresas - ou persoas- actúan de cara a galería. Pois o sinto por eles, por non disfrutar de xeito sentido dos seus actos, pero pensó que podemos por eso estar ledos, pois eso querer decir que o egoismo non da prestixio social e esa tendencia ten influencia no xeito de proceder nos ciudadana.

    Lembrade que ata fai pouco, o que " molaba" era o cabrocete egoísta e presumido.

    En sociedades como a Mexicana por exemplo, hay xente que vai rezar a un santo apócrifo para pedirlle por un éxito asesinando ou pasando un alixo.

    En otros sitios todavía hoce, hay que mata polla fe. Creo pois que non temos que preocuparnos polos que non son solidarios de verdade e so o fan ña navidade, o millar o que temos e que ampliar entonces a navidade.

    Aperta


    Tilo

    ResponderEliminar
  6. Creo que fue Einstein que dijo que un ejemplo vale por diez preceptos.

    ResponderEliminar
  7. La virtud no se predica, se practica. Decían los abuelos.

    El filosofo Goma, dice que sobran leyes y faltan conductas ejemplares.

    Todos somos ejemplares ante los que nos rodean y como decía Rilke, empecemos por reformarnos a nosotros mismos.


    Saludo

    ResponderEliminar
  8. Publicitar las buenas acciones esta muy bien..

    ¿ Preferís a la Belen Esteban ? Prefiero que se pongan medallitas si es con su cartera, que darle reconocimiento y fama a otros que se ganan buenos cuartos por contar sus vergüenzas, pues yo creo que es tan importante la acción como el ejemplo

    ResponderEliminar
  9. O problema ata agora era que a xente dicia que para resolver os problemas dos mais desfavorecidos tiñamos o estado, pero pola traza que teñen os feitos, eso xa non vai servir de disculpa pois o estado do ben estar amosa ter estofados os seus folgos.

    Chegou o intre da sociedade civil, das accions persoais e individuias para axudar os que temos a carón de nos.

    ResponderEliminar
  10. Que se publicite o simplemente se mencione a la Belén Esteban o a otras personas como ella no significa que haya que autopublicitarnos todos y hacer como ella y su clan. Este tipo de publicidad sólo funciona en este país y el hecho de mencionarlo basta para hacerle publicidad; y además cuál es la idea? que si estos famosetes de poca monta se cuelgan medallitas el resto de los mortales debemos hacerlo? YO CREO EN LA MORALIDAD.
    Creo que si la gente/ instituciones... hace el bien o LO CORRECTO, pues no hay que darle más vueltas ni publicitarlo. Simplemente es lo que se debería hacer, y con el agradecimiento de la gente, su boca a boca, la sensación de encontrarnos bien con nosotros basta... Por ejemplo cuando yo estudiaba, no hacía falta presumir de sacar buenas notas, ni publicarlo, ni recibir el regalo de los padres por ello, simplemente era lo que debíamos hacer. Como se suele decir cuando hacemos algo y presumimos de ello " ¿seica non tés avó?"

    ResponderEliminar

Deja tu comentario en As Salgueiras