18 de marzo de 2012

PERCORRENDO O FAIAL DE HERMO - RECORRIENDO EL HAYEDO DE HERMO

Pois ben, xa que me deixei caer polo blog e conectando coa marcha nordica de Ana e cos grandes percorredores de bosques que son os lobos de Begoña, non quero deixar de aportar un novo contido; non é mais que unha experiencia artística persoal de conexion coa natureza en base a un percorrido no bosque de Hermo, as duas mil fotos tomadas con unha cámara instalada nunha pértiga e programada para disparar cada dous segundos, un pequeno poema, unha pequena melodía no piano e a necesaria postproducción para resolver este video emocional que eiquí vos convido a mirar.

O pé na terra,
o alento no aire,
a sombra na luz,
latitude, lonxitude, altitude,
distancia e tempo.

Medindo o faial de Hermo
coas miñas pegadas,
un sinxelo traxecto
vínculo coa terra nai
e relacion intíma coa natura.

Dez mil pasos para contar
en dous mil fotogramas
o percorrido na paisaxe.

Xulio Correa Corredoira

Hayedo de Hermo Xulio Correa from Xulio Correa on Vimeo.
Xulio Correa . Artista, fotógrafo, profesor. Percorridos, serie fotografica dende 1986, é a consecuencia de traballar fotográficamente perante o acto de percorrer unha paisaxe creando imaxes emocionais.
Percorrer a paisaxe para ollar a vida.
Audiovisual para videoinstalacion creado a partir de 2000 imágenes tomadas consecutivamente mientras el autor recorre el hayedo de Hermo.

6 comentarios:

  1. Se te ve en forma... Un abrazo!

    ResponderEliminar
  2. estás hecho un chaval.. un robin hood "das fraguas"! un video precioso, por cierto! Enhorabuena :)

    ResponderEliminar
  3. Gracias Xulio por este recorrido por la naturaleza que he disfrutado, y por poder oir por fin también tu música, que ya tenía ganas.

    ResponderEliminar
  4. Precioso traballo Xulio. Transmite a sentida e melancólica alegría do íntimo somerxerse no bosque.
    Unha aperta para todos.

    ResponderEliminar
  5. Tenemos que poner en valor la evidente relacion entre naturaleza y salud, tanto en lo físiológico como en lo emocional.

    ResponderEliminar
  6. Precioso Hayedo!! habrá que visitar este maravilloso parque asturiano para segregar endorfinas y disfrutar del paisaje.Enhorabuena por el montaje,la música y la poesia, me ha encantado la combinación.Un abrazo

    ResponderEliminar

Deja tu comentario en As Salgueiras