15 de mayo de 2011

O día de Lois Pereiro

O DIA DE LOIS PEREIRO por Xulio Correa
Día das letras galegas 2011

Era o luns 11 de Agosto de 1986, cando un feixe de rapaces galegos, asomamos o nariz na Universidade Menéndez Pelayo de Santander, para reinvindicar a revolución cultural atlántica, que en forma de “movida galega” estábamos a levar non só no plano musical, senón tamén na fotografía e na literatura.
Foron catro días nos que se desenvolveron una morea de actividades presentadas como “O desembarco das forzas atroces do noroeste”, días nos que músicos, fotógrafos e poetas compartíamos presencia no Palacio da Madalena. Lembro a Lois reseco, chupadiño dentro da sua chupa de coiro, defendendo con forza e enxeño o atlantismo entre o amor e a enfermidade, o seu look no estilo dun Lou Reed novo, e a súa afectividade desbordada protexida detrás do seu aspecto de aceiro.
Escrebeu Lois “A amizade protexe e o amor cura, o odio contaxia e fire, a indiferencia mata”, e tamén, coñecedor da súa morte próxima “Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria” deste xeito pedíanos auga, pedíanos vida, nun sentido poético os fluídos do corpo son o maior signo de vida, e recibir fluídos de outro é unha mostra indubidable de amor, pero el pediu recibilos con fúria, con rabia, con pelexa, coa mesma pelexa que el mativo pola vida, por poder amar (ao mundo).
Quixo o destino, que o mesmo día da súa morte, se dese a coñecer a sentenza do proceso polo envenenamento masivo con colza desnaturalizada. Hoxe, para min, resulta emocionante participar na mostra Vento Lois no Concello de A Coruña, as imaxes que expoño son conexións directas a vivencias na memoria, pero Lois xa non está, pasaréi polo cemiterio do Incio para cuspir na súa tumba.

3 comentarios:

  1. Moitas grazas Xulio pola tua aportación. Comprendo moi ben que sexa motivo de honrra para ti, ter ocasión de compartir aquelas xornadas con un homenaxeado pola academia co gallo do día das letras galegas no ano 2.011. –ainda que seguro que daquela non sospeitabas nada do que había de acontecer moitos anos despois.-

    a xente que vivíu aquela época sintese protagonístas dalgún xeito da historia. Por aqueles anos entretexíanse moitos movimentos xustificados pola ansia de liberdade e autoestima.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Un máis que xusto recordo a un poeta rupturista que puña en cuestión as convencións sociais e falaba do seu tempo e da súa xente sen deixar de ser universal. Co poema "¿Qué é Galicia?" debullaba certeiro o abecedario definindo esta terra. Nestes días publícase en edición bilingüe a súa obra completa con portada de Antón Patiño: http://librosdelsilencio.com/libro/index/27

    ResponderEliminar
  3. Gracias Xulio por compartir este anaquiño de vida como homenaxe a Lois.

    ResponderEliminar

Deja tu comentario en As Salgueiras