
Impresionábame moito o seu carácter visual, todo o que contaba ou suxería na súa intención divulgativa, pedagóxica e enciclópédica, perfectamente definida polos seus autores intelectuais, os irmáns García Naveira.
Todo tiña un sentido, e tentar entender a razón de cada instalación no parque formaba parte do xogo, así descubriríamos maiores e pequenos, as referencias aos usos horarios, aos animais de outras partes do mundo, ao mundo subterráneo ou submariño. Había un interés pedagóxico na intención, querían dar a coñecer a cultura que eles adquiriran na súa afortunada emigración.
Agora, vendo que a Diputación de A Coruña aposta por dar a coñecer a nosa cultura popular e a historia asociadas ao Río Mandeo no seu futuro parque fluvial, penso nos rapaces que o visitarán no 2011 e xogo a imaxinar como eles gardarán, na súa memoria visual, as lembranzas do Parque do Mandeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deja tu comentario en As Salgueiras